Os equipos cadete e absoluto do Club de Remo Puebla, homenaxeados polos seus logros

02 Novembro 2020

Os equipos cadete e absoluto do Club Remo Puebla foron homenaxeados no mediodía de onte nun acto realizado no Elma, ao cal asistiron familiares dos remeiros e membros da corporación municipal da Pobra.
A historia do club remóntase a 1979, ano no cal esta sociedade foi fundada por un grupo de persoas da localidade que, coa colaboración de dona Carmela Arias e Díaz de Rábago, patrocinou a compra da primeira traiñeira: a Carmela.

Homenaxe Club de Remo Puebla

Recuperouse así no concello un dos deportes máis tradicionais das vilas
mariñeiras da ría da Arousa. E a partir de aí comezou a súa andaina ata a
actualidade, co equipo cadete como segundo de Galicia e primeiro de España, e o absoluto posicionado como segundo de Galicia e cuarto de España.
A concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo, dedicou unhas palabras aos
deportistas, destacando o seu “ánimo de superación e sacrificio”, ademais de facer fincapé en que o referido club “non só reforza o remo na bisbarra, senón que amosa uns valores de convivencia para todos nós.”
Os primeiros en subir ao escenario a recolle-lo seu agasallo, consistente nunha comida ou cea nun establecemento hostaleiro da localidade, foron os integrantes do equipo absoluto: Adrián González, Martín González, Rubén Oliveira, Iago Santos, Rubén González, Sergio Tubío e María González.
Deseguido, foi a quenda do cadete, cuxo obsequio foi cadanseu batel de
cerámica realizado por Raposiñas, un obradoiro cerámico rural situado na aldea da Lomba, e con distintivo de Artesanía de Galicia. Os membros deste equipo que subiron ao escenario foron Víctor Fernández, Manuel Bermo, Pablo Paz, Unay Vázquez, Brais Olveira, Antonio Pérez e Andrés Fernández.
Ademais, un representante de cada equipo fixo unha pequena intervención na cal expresou o que supuxo obte-los logros mencionados anteriormente.
Xa encarando o remate da cita, o actual presidente do club, Antonio do Carmo, incidiu no traballo desenvolvido polos remeiros e as horas de adestramento, ademais de facer un chamamento para que se siga colaborando coa entidade deportiva.

Homenaxe Club de Remo Puebla

Pola súa parte, o alcalde Xosé Lois Piñeiro agradeceu o labor dos remeiros e
remarcou os éxitos acadados, así como os valores que se aprenden no Club Remo Puebla máis alá do estritamente deportivo. Por último, deu paso á
sorpresa final coa entrega dun ergómetro para a sociedade deportiva.
No acto tamén se proxectaron vídeos sobre os equipos homenaxeados e
lembrouse a figura de don Valentín Hermo Ríos, presidente da entidade nos
seus primeiros anos, falecido recentemente.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.