Os Encontros para a Normalización Lingüística apostan polo formato virtual

12 Novembro 2020

O Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega (CCG), co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a 22 edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, un simposio que se vén desenvolvendo anualmente dende 1998 e que, de maneira moi participativa e baixo diferentes puntos de vista, aborda cuestión teóricas, prácticas e estratéxicas relacionadas cos procesos e as políticas de normalización das linguas, co foco posto na extensión do uso social da lingua galega.

Co título A integración lingüística como ferramenta de cohesión social, estea edición dos Encontros celebrarase este ano de xeito virtual, con mesas redondas transmitidas a través da web do Consello da Cultura Galega e da súa canle de Youtube os días 13 de novembro (emisión gravada do simposio), e 16 e 19 do mesmo mes (debates ás horas indicadas no programa).

A actividade permanecerá despois na Mediateca do Consello.

A convocatoria deste ano céntrase, en palabras da organización, “na integración lingüística como un factor indispensábel de cohesión social”. Avaliaranse recursos dispoñíbeis de integración e emprestarase unha atención especial ao sistema CELGA impulsado por Política Lingüística, por “ser este o sistema de formación que se ofrece desde a Administración autonómica e requisito para a integración laboral dos migrantes”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.