O Rotogal Boiro xogará fronte ó C.V Teruel a undécima xornada da Superliga

27 Novembro 2020

O Rotogal Boiro disputará o próximo partido da liga mañá, 28 de novembro. Esta vez, os barbanceses non xogarán na casa, senón que o farán no Pavillón Municipal dos Planos, na localidade de Teruel. O seu rival nesta ocasión será o C.V Teruel, líder da liga polo momento.

Esta decisión tardouse en aprobar, xa que durante o anterior partido contra o Club Melilla Sport Capital detectouse un positivo e os turolenses decidiron confinar a todo o cadro de xogadores e corpo técnico ata coñecer os resultados. Por sorte, todo deu negativo e o encontro poderase celebrar.

En definitiva, será un partido complicado e axustado, que poderase ver nas gradas e a través das plataformas virtuais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.