O Rotogal Boiro gaña por 3 – 1 a L´Illa Grau

16 Novembro 2020

A batalla da Superliga regresou á Cachada ás 19:00 horas do pasado sábado. Despois dun refacho de dúas derrotas consecutivas por 3- 0, o Rotogal Boiro gaña ao colista da competición, o L´Illa Grau.

O equipo boirense mantivo esa intensidade da que fala continuamente o seu técnico, Emilio Palacio, mais non chegou a brillar como noutros encontros. O Rotogal deu un empuxón no cuarto set para impedir que o partido dera un xiro ( 25- 22, 19 – 26, 25 – 19, 27 – 25). Ademais, este set foi un resumo de todo o encontro, no que os barbanceses demostraron que podían dominar o partido. Foron os dous bloqueos de Gallego os que impediron que os castellonenses forzaran o quinto set. Os locais, conseguiron estar fortes en defensa e xogaron con solvencia, pero o L ´Illa, púxolles en máis dun apuro.

Un final de partido de infarto e tres puntiños que fican na casa. Así celebrou o Boiro a súa vitoria cos seus seguidores no recinto e vía streaming. Este triunfo é importantísimo para o Rotogal, xa que conseguen estar máis lonxe dos postos perigosos. Sen embargo, os boirenses non pode relaxarse. Polo menos, ata o mércores, cando xogarán contra o Barça na Cidade Condal. Este tamén será un duelo de vida e morte, xa que ambos equipos loitan pola permanencia na Superliga.

Mentres, na mesma categoría, o Teruel perde ante o Lugo e o Almería alcanza a vitoria. Do mesmo xeito, o VoleyTextil e o BoiroVoleibol gañan nos duelos directos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.