O obradoiro internacional de tradución poética dá o chimpo á Rede

26 Novembro 2020

A novena edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador vaise celebrar online, en formato “totalmente en liña” e baixo a dirección da poeta Yolanda Castaño. A actividade, que se presentou onte nos seus detalles, comezará o 30 de novembro e estenderase no tempo unha semana. Desenvolverase na plataforma Webex e emitirase dende o espazo propio que ten en Youtube a Consellería de Cultura. Incluirá un recital en streaming o 3 de decembro ás 17.00 horas.

Na rolda de prensa de presentación participou o secretario de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que salientou o feito da continuidade do obradoiro mesmo no contexto de pandemia: “Agora é máis importante ca nunca tender pontes e crear puntos de encontro para a reflexión e a creación literaria”. Tamén destacou o “importante papel da cultura durante o confinamento” e as posibilidades que abriron as ferramentas dixitais para manter acesa a chama da creatividade, o diálogo e o coñecemento.

O obradoiro, como lembraremos, víñase celebrando nas anteriores edicións na Illa de San Simón. Nesta novena edición participarán poetas en seis linguas, en concreto Lara Dopazo (galego), Laia Malo (catalán), Grazyna Wojcieszko (polaco), Laura Accerboni (italiano), Zhou Zan (chinés) e Barbara Pogačnik (esloveno).

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.