O Nadal pobrense conta cun concurso de embelecemento de balcóns e fachadas

20 Novembro 2020

De cara a unhas datas tan sinaladas como é o Nadal, o Concello da Pobra do Caramiñal convoca a primeira edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, co que se pretende incrementar a ledicia e vistosidade das rúas. Así o desvelaron o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela; e a técnica municipal, Sara Sánchez.
A edil Charo Varela manifestou que, con esta iniciativa de cara a unhas datas tan especiais, as cales “implican colaboración, amizade, familia, desfrute, volta á casa”, a Administración local pretende “face-lo un pouco diferente e que sinta o Nadal dende fóra, se respire Nadal en calquera parte da Pobra, en calquera parroquia.” Unha convocatoria que abrangue todo o termo municipal -Santa María a Antiga do Caramiñal, Santiago do Deán, Santo Isidro de Posmarcos, Santa Cruz de Lesón e Santa María do Xobre-, polo que se establece un premio por parroquia consistente nunha cesta valorada en 200 euros e composta de produto local, contribuíndo á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade.


Pola súa parte, a técnica municipal, Sara Sánchez, explicou que a finalidade é “sacar o Nadal á rúa, de dar ledicia en cada recuncho da nosa vila porque este Nadal vai ser moi atípico.” As bases están dispoñibles na páxina web
www.apobra.gal e as solicitudes de inscrición serán remitidas por correo
electrónico a turismoecomerciodapobra@gmail.com ou polo teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035. Será preciso aportar o nome e documento de identidade da persoa participante, enderezo do balcón, fiestra ou fachada e número de teléfono. A data límite para anotarse é no 30 de novembro.
Darase un prazo de 7 días para a ornamentación e entre o 6 de decembro e o 6 de xaneiro -ámbolos dous incluídos- será obrigatorio que permaneza a
decoración. As persoas inscritas deberán remitir por correo electrónico dúas fotografías, acompañado do seu enderezo. O resultado deste concurso darase a coñecer no 22 de decembro.
Por último, o rexedor Xosé Lois Piñeiro expuxo a aposta porque as actividades de promoción do comercio no Nadal continúen vixentes no calendario municipal, respectando as medidas implantadas por mor da COVID-19, e sinalou que a iniciativa presentada saíu dunha reunión celebrada co comercio da Pobra. Así mesmo, expresou o seu agradecemento a tódalas persoas que fixeron posible convocatoria deste concurso, animou á veciñanza a participar e insistiu que así o Nadal tamén “se saca ao rural e que consigamos que teña un efecto visual atractivo para a xente e pensando nos nenos e nenas.”

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...