O DOG publica a concesión das primeiras bandeiras verdes a Porto do Son e Moaña

12 Novembro 2020

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución pola que se conceden os distintivos Bandeira Verde aos concellos de Porto do Son e Moaña, polo que se converten nos primeiros concellos galegos en recibir estes distintivos, promovidos pola Xunta de Galicia, e que teñen por obxectivo recoñecer o esforzo e o compromiso das administracións locais coa protección da paisaxe e do medio ambiente.

Nese sentido, o xurado valorou o traballo realizado por senllos municipios en catro ámbitos de actuación: a protección da paisaxe, o cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos e as accións de sensibilización e comunicación; polo que se ten en conta a aposta deste municipio co desenvolvemento de boas prácticas no coidado da contorna, o respecto pola paisaxe, a redución das emisións de CO2, o fomento dunha correcta xestión do lixo e de medidas para garantir a integridade e limpeza de espazos de interese, como xardíns, praias, espazos etnográficos, etc, así como a posta en valor de monumentos naturais, a educación ambiental ou a redución do consumo enerxético.

Así, este distintivo contará como un mérito máis aos efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural, que convoque a Consellería; ademais de converterse nun referente e exemplo para outros concellos galegos.

Galicia é unha rexión pioneira ao ser a primeira Comunidade Autónoma de España en crear un distintivo destas características, que é -á vez- un exemplo das políticas públicas necesarias para avanzar no obxectivo común de conseguir unha Galicia verde e sostible.
Tal como recollemos en O Barbanza O Son recibíu hai uns días a primeifra bandeira verde de Galicia.

Acto de entrega da prieira bandeira verde a Porto do Son

Outros artigos

As contas de Porto do Son medran un 4,8% con respecto ás do ano pasado

O pasado venres 19 a Corporación municipal de Porto do Son celebrou a súa sesión plenaria do mes de abril, na que se aprobaron os orzamentos para este ano, que teñen unha contía de 12,3 millóns de euros e que representan un incremento con respecto ás contas de 2023...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Medo e decepción” – José Manuel Pena

“Medo e decepción” – José Manuel Pena

Segundo a ONU, as enquisas de opinión pública en todos os países coinciden en sinalar que os cidadáns non se senten representados polos seus gobernos e teñen unha pésima opinión da honestidade e sentido do servizo público dos políticos e votan máis en contra do que...