Clausurado o obradoiro de emprego de Rianxo

17 Novembro 2020

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, desprazouse ata Rianxo para participar na clausura do obradoiro de emprego deste Concello, que se impartiu o ano pasado centrado en instalacións de placa de xeso e falsos teitos. Nel formáronse 16 alumnos que realizaron as súas prácticas reformando o primeiro andar da Clínica Vella de Rianxo. Este taller de formación contou cunha achega da Xunta de máis de 350.000 euros. Trenor apuntou que despois de algo máis dun ano de formación, “agora toca saír a buscar un emprego co aval da mellor formación nunha área na que existe unha gran demanda”.

Mentres, a Xunta impartirá 8 obradoiros na comarca de Santiago para formar a 158 alumnos. O delegado desta institución, participou hoxe no acto de apertura do curso de formación de garantía xuvenil de creación de páxinas web en Rois. O seu obxectivo principal foi animar ás mozas e mozos a aproveitar esta formación, adaptada ás necesidades das empresas da contorna, para poder atopar un emprego.

A Xunta achega máis de 2,7 millóns de euros para gastos en organización, profesorado e axudas para os participantes. Os cursos que se impartirán son moi variados: repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, confección de páxinas web, desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e produtos audiovisuais multimedia interactivos, limpeza de espazos abertos e instalacións industriais, pintura decorativa en construción, fábricas de albanelería e actividades auxiliares en viveiros e xardíns.

Gonzalo Trenor destaca que na comarca de Santiago está prevista a realización de oito obradoiros: cinco ordinarios duais e tres de garantía xuvenil. Os ordinarios celebrarase no concello de Ordes, Frades e Mesía, en Santiago de Compostela, en Boqueixón compartido con O Pino, Touro e Vedra, en Ames xunto a Brión e en A Baña compartido con Negreira, Santa Comba e Val do Dubra. Os obradoiros de Garantía Xuvenil levaranse a cabo nos concellos de Negreira, A Baña, Santa Comba e Val do Dubra. Tamén se impartirán en Rois compartido con Padrón e Dodro e en Santiago de Compostela. Todos eles están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Dita formación impulsa tamén o emprendemento, posto que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Os obradoiros duais darán opción aos alumnos a conseguir un contrato de traballo nunha empresa da zona durante un mínimo de tres meses.

Outros artigos

Rianxo ten unha taxa de paro do 3,46%

O Concello de Rianxo fixo un breve balance das cifras de desemprego no termo municipal, baseado nos últimos datos publicados pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. En base a esta información Rianxo pechou o 2024 con 372 persoas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión