O Concello pobrense promove unha xuntanza coa mocidade

17 Novembro 2020

A Casa da Mocidade pobrense será escenario neste sábado 21, ás 18.00 horas, dun encontro coa xuventude do municipio. Promovido pola Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal, búscase con esta xuntanza “crear un espazo para conversar sobre o estado actual das actividades relacionadas coa xuventude, para dinamizar as propias instalacións da Casa da Mocidade e para propoñer novas accións para desenvolver”.

A xente nova que desexe participar nesta xuntanza pode facelo de maneira presencial ou telemática. No caso de se decantar por esta última opción, a ligazón para a asistencia virtual publicarase media hora antes do evento nas redes do Concello. As prazas son limitadas e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.