
O Concello de Ribeira convocou axudas por preto de 600.000 euros para combater e mitigar as graves consecuencias que está a carrexar a crise sanitaria no tecido económico local. As axudas, que veñen cun importe total de 595.528,68 euros, están dirixidas ás persoas traballadoras autónomas (con ou sen traballadores ao seu cargo) e microempresas que estivesen afectadas pola pandemia do COVID-19. As subvencións foron anunciadas no Boletín Oficial da Provincia e abéiranse ao programa PEL-Reactiva da Deputación.
O Concello explica que tres son os supostos contemplados á hora de beneficiarase destas axudas:
• Grupo I: Persoas autónomas ou microempresas que se viran afectadas polo peche en virtude do RD 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o Estado de Alarma, e a su modificación aprobada no RD 465/2020, de 17 de marzo.
• Grupo II: Que non se viran afectadas polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vise reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do Estado de Alarma.
• Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE nos termos establecidos no RD 465/2020, de 17 de marzo.
O importe da subvención será fixo e determinaranse conforme aos seguintes criterios:
a) Traballadores por conta propia ou autónomos, sen traballadores ao seu cargo, afectados polo peche como consecuencia da declaración do Estado de Alarma ou aqueles que non se visen afectados polo peche pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020, se vise reducida polo menos nun 75% en relación coa media de facturación do semestre natural anterior á declaración do estado de alarma: 1.500 euros.
b) Traballadores por conta propia ou autónomos con traballadores ao seu cargo e microempresas afectados polo peche como consecuencia do Estado de Alarma ou aqueles que non se visen afectados polo peche pero cuxa facturación segundo trimestre fiscal de 2020, se vise reducida polo menos nun 75% en relación coa media de facturación do semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, ou que se visen no deber de acollerse a un ERTE, atendendo ao seguinte:
◦ Un só traballador/a: 2.000,00 euros.
◦ Entre 2 e 5 traballadores/ as: 2.500,00 euros.
◦ Entre 6 e 9 traballadores/ as: 3.000,00 euros.
O Concello de Ribeira explica que estas axudas serán compatíbeis con calquera outra concedida por entidades públicas ou persoais, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custe total dos gastos a subvencionar polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 euros.
As solicitudes deberán presentarse por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Ribeira ata as 14 horas do día 25 de novembro de 2020.