O Son celebra o 25N con actividades para a rapazada

O pasado luns 16 de novembro o Concello de Porto do Son publicaba no seu Facebook a programación prevista para a celebración da semana do 25N, data na que se conmemora a Igualdade e se lembra o grave problema que supón a violencia de xénero.

O festexo contará con dúas tardes de monicreques e contacontos online a prol da igualdade.

Deste xeito, o eixo da programación das actividades acontecerá na fin de semana, o sábado 21 de novembro haberá sesión de monicreques, mentres que o domingo 22 de novembro será a quenda dos contacontos. Ambas as dúas sesións darán comezo ás 17 horas e están encamiñadas a un público familiar. Cómpre salientar que para asistir a estas actividades é preciso inscribirse, rematando o prazo hoxe mércores 18 de novembro. As e os interesados nestes encontros deben enviar un correo electrónico a cristina.fontaina@portodoson.gal facendo constar o seu nome, apelidos e correo electrónico.