O Concello de Boiro promove diversas actividades formativas para conmemorar o 25–N

20 Novembro 2020

O Concello de Boiro, da man da Concellería de Política Social e Igualdade, levará a cabo varias actividades formativas para a promoción e difusión do 25 – N, Día Contra a Violencia de Xénero. Como actividades previstas poden citarse a mesa informativa de AgresiónOFF e a lectura do manifesto, este ano vía Internet, xa que se difundirá a través das redes sociais do Concello.

O stand de AgresiónOFF colocarase o próximo martes, 24 de novembro, na praza do Concello, entre as 11:00 e as 17:00 horas. Todas as persoas que se acheguen, poderán participar nos diferentes obradoiros propostos e noutras actividades lúdico – formativas de diversos temas (estereotipos, comportamento de parellas…).

Doutra banda, o Goberno local participará na campaña da Deputación Provincial da Coruña, chamada De Fronte á Violencia de Xénero. Así, poderá conmemorar o 25 – N e difundir contidos a través das redes sociais do Concello. Sen embargo, este non é o único proxecto no que colaborará. O Concello de Boiro tamén intervirá na campaña En Negro Contra as Violencias, co obxectivo de sensibilizar á sociedade fronte as violencias machistas.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.