O Concello de Boiro convoca as bolsas para deportistas federados 2020

03 Novembro 2020

O Concello de Boiro convocou as bolsas para deportistas federados, unha iniciativa para promover e difundir localmente o deporte. O Goberno boirense informou de que a presentación de solicitudes debe facerse a través do Rexistro Xeral do Concello ou da sede electrónica nun prazo de 10 días hábiles a partir da publicación das bases no BOP.

A contía total das bolsas, de 5.000 euros, distribúese en 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros e 15 bolsas de 100 euros, que teñen como finalidade “recoñecer o esforzo e a dedicación que leva aparellada a dedicación da práctica deportiva de alto nivel para progresar naquelas disciplinas e modalidades individuais ou de oposición”, explicou o Concello, engadindo que as persoas solicitantes deberán cumprir cos seguintes requirimentos: teñen que estar empadroadas en Boiro, ter entre 9 e 23 anos, dispoñer da licencia federativa en vigor ter participado en determinadas probas oficiais e non sufrir descualificacións por comportamento antideportivo.

A concesión das bolsas faise mediante un réxime de concorrencia competitiva seguindo “unha serie de criterios de participación en campionatos ou convocatorias oficiais”.

As bases da convocatoria e toda a documentación das bolsas está a disposición das persoas interesadas na páxina web do Concello de Boiro ou no servizo de Deportes, de xeito presencial na Casa da Cultura de Boiro, no teléfono 981 84 84 25 ou na conta deportes@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.