O Camiño de Santiago centrou na Pobra un espectáculo de Xurxo Souto, Beatriz Campos e Quico Cadaval

02 Novembro 2020

Este domingo o antigo cine Elma da Pobra do Caramiñal acolleu a representación do espectáculo Contos no Camiño, a cargo de Xurxo Souto, Beatriz Campos e un vello coñecido dos escenarios locais e da contorna: o autor, contador, dramaturgo e actor Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960). Foi a primeira das dúas actividades previstas este novembro na Pobra ao abeiro do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2020, da Secretaría Xeral da Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), á cal o Concello pertence dende hai un ano a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL).

As persoas asistentes puideron desfrutar dunha función de narrativa oral e moito humor, onde o devandito trío de contadoras/es compartiron escenario cun guión inspirado no Camiño de Santiago, baseado en lendas e historias singulares.

Por outra banda, o Concello informa de que a compañía A Cova das Letras traerá ás 18.30 horas do 19 de novembro o espectáculo Polo Camiño, contos da feira, unha proposta para a cal se empregan monicreques de luva e de táboa e cuxo fío argumental baséase na tradición oral galega e máis noutras literaturas populares para narrar a historia dunha feira na cal conflúen seis personaxes que, cos seus contos e cantos, fan voar a imaxinación do público: a fotógrafa minuteira, o fistor, Pepa A Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira.

As actividades son de balde e aptas para tódolos públicos. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal se aconsella a reserva previa da entrada a través do teléfono de contacto 676 666 263, ben sexa chamando ou por Whatsapp. A fin do prazo da inscrición é ás 16.00 horas do propio día dos eventos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.