O BNG require mellorar as instalacións e servizos da atención sanitaria en Barbanza

23 Novembro 2020
Representantes comarcais do BNG perante o Centro de Saúde de Cabo de Cruz

O Bloque Nacionalista Galego emitiu esta fin de semana un comunicado no que reflicte a preocupación da veciñanza da comarca da Barbanza pola atención sanitaria presencial no comarca, un servizo que, segundo lembran as e os nacionalistas, empeorou tralo peche de varios consultorios. O BNG mostrou o seu temor de que se trate “dun proceso irreversíbel”, temor no que coincide tamén a veciñanza.

Trátase dos centros de saúde de Taragoña, en Rianxo, e de Cabo da Cruz, en Boiro, pechados a comezos do primeiro Estado de Alarma alegando motivos de seguridade para profesionais e para doentes. “A día de hoxe, a Consellaría de Sanidade non mostrou a máis mínima intención de reabrir estes consultorios”, indica a deputada Rosana Pérez, “precarizando a atención sanitaria dunhas 3.000 persoas que se ven obrigadas a recibir atención sanitaria noutros centros de saúde, xa de por si con sobrecarga de traballo. Non podemos permitir que unha medida de urxencia se converta en definitiva, e todo parece indicar que o SERGAS ten a intención de consolidar o seu peche como irreversíbel”.

Os nacionalistas destacan tamén “o mal estado no que xa se atopaban estes consultorios”, aos que se suman outros como os de Corrubedo e Aguiño, en Ribeira. “A falta de mantemento é extremadamente acusada”, indican, destacando o caso de Cabo de Cruz, “un consultorio localizado nun espazo pouco axeitado, en malas condicións, e onde mesmo chama á atención a falta de limpeza, algo imperdoábel durante unha pandemia sanitaria”, sinalaron.

Por isto, a deputada do BNG defenderá no Parlamento Galego a reactivación da atención sanitaria presencial en Taragoña e en Cabo de Cruz, así como o cumprimento do pacto local asinado no 2006 coa FEGAMP, instando ao SERGAS a levar a cabo o mantemento destes centros de saúde.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.