O BNG reclama aumentar as zonas verdes e de lecer de Ribeira

20 Novembro 2020

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira demanda un maior número de zonas verdes e de lecer na cidade. A causa desta iniciativa é “a carencia de espazos con vexetación que existen a día de hoxe en Ribeira”, e que ten como principal obxectivo a mellora da calidade do aire e de vida dos veciños en tempos de pandemia nos que son imprescindibles os espazos amplos ó aire libre.

Esta proposta ven acompañada dun plan denominado “Reverdecer Ribeira”, que consiste en por en marcha unha renovación de diferentes zonas do casco urbano para crear eses desexados espazos verdes. O principal cambio que expón o BNG é a remodelación da fachada marítima ao longo da avenida das Carolinas. A reforma estriba na unión do carril bici de Coroso co do Touro, o aumento da superficie peonil e a reorganización dos estacionamentos, que provocaría unha nova disposición da zona, aumentando así as zonas verdes e de lecer.

O BNG ribeirense aproveitará as reformas programadas polo Concello na avenida das Carolinas para solicitar a plantación de árbores. Dende a sede nacionalista reclaman árbores de medio e gran porte, así como un aumento no número de árbores plantados ó redor do casco urbano e parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.