O alcalde e o tenente alcalde de Boiro interrompen a súa actividade presencial por ter estado en contacto cun contaxiado de COVID

04 Novembro 2020

O Concello de Boiro emitiu este mércores un comunicado relativo á situación actual da COVID-19 no que fai saber a necesidade de interromper temporalmente a actividade laboral do alcalde Jose Ramón Romero, e do tenente de alcalde, Luís Ruiz, por ter estado estes días en contacto cunha persoa que deu positivo na proba de coronavirus.

No comunicado engádese que tanto o alcalde como o tenente de alcalde realizaron unha PCR con resultado negativo, polo que se atopan ben “e sen ningún tipo de síntoma” pero, “por prevención”, teñen que gardar os dez días de illamento recomendados polos profesionais sanitarios.

Os dous seguirán traballando desde os seus domicilios, realizando as tarefas diarias que lles permita o teletraballo. O Concello lembra que o alcalde e o tenente están en contacto constante cos demais concelleiros e concelleiras do Goberno e co Gabinete de Alcaldía para seguir traballando nos asuntos municipais do día a dia. Están illados nos seus domicilios dende o sábado, polo que o vindeiro luns repetiran a PCR para poder reincorporarse ao traballo presencial.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.