O 3 de novembro, nova recollida de material RAEE a domicilio en Porto do Son

01 Novembro 2020

O Concello de Porto do Son segue adiante este outono co seu traballo a prol da xestión responsábel e sustentábel de residuos, unha liña de actividade que se complementa con iniciativas para fomentar entre a cidadanía a sensibilización arredor do tratamento ecolóxico dos refugallos. O Goberno local informou de que o vindeiro 3 de novembro realizarase un dispositivo de recollida a domicilio de material RAEE, que son as siglas que engloban os residuos electrónicos e eléctricos (material informático, electrodomésticos de todo tipo e tamén pilas, baterías e demais).

O Concello explica que se trata dun servizo cen por cen de balde, no que o único que se precisa é chamar ao teléfono 981 867 412. Na actividade, impulsada pola Concellería de Medio Ambiente, terán cabida todos os enseres que decote se engloban baixo as sigas RAEE: televisores, computadores, teléfonos, ferramentas eléctricas, lámpadas eléctricas, instrumentos de vixilancia de control, aparellos médicos, xoguetes eléctricos, videoxogos, lavadoras, neveiras, microondas, deshumidificadores, encimeiras, máquinas expendedoras, cronómetros deportivos, secadoras, ventiladores, estufas eléctricas, quentadores eléctricos e tamén cascallos e restos de obras de traballos domésticos (en sacas de até 100 quilogramos).

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.