Unha nova edición do ciclo Victoriano García Martí chega á Pobra

18 Novembro 2020

O 2.° Ciclo Victoriano García Martí desenvolverase na Pobra coa finalidade de divulgar e contribuír á posta en valor da figura e obra deste escritor pobrense, fillo predilecto da localidade, entre a cidadanía, ademais de recupera-la súa memoria. Organizada pola Concellaría da Cultura e o Museo Valle-Inclán, coa colaboración da Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a programación de
actividades transcorrerá nas xornadas do día 20 e do día 27 de novembro en distintos puntos do municipio. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; e o director do Museo Valle- Inclán, Antonio González.

Así, a segunda convocatoria deste ciclo iniciarase neste venres 20 con tres
actos: a inauguración, ás 19.00 horas, da instalación conmemorativa na fachada da antiga casa do escritor situada nos Areos, en colaboración coa Gadisa, a cal estará composta por imaxes do intelectual acompañadas de citas de Valle- Inclán, Unamuno e Blanco Amor que aluden a el, contribuíndo tamén á posta en valor dos restos deste inmoble, tal e como expuxo a edil Patricia Lojo.
Deseguido, ás 19.30 horas, procederase coa ofrenda floral ante o seu busto na praza García Martí e efectuarase a lectura pública de escritos seus relacionados coa vila. A ruada festiva correrá a cargo de Arrancadeira, levando o baile e música tradicional por distintos espazos.
Por outra banda, no venres 27 clausurarase esta edición coa conferencia
Ideología y activismo en Victoriano García Martí. Una voz quebrada, da man de Arantxa Fuentes Ríos, profesora da Universidade de Santiago de Compostela;ademais de coa presentación da edición facsimilar Don Severo Carballo. Del alma gallega (1917). Ámbolos actos serán no Elma, ás 20.00 horas.

A concelleira Patricia Lojo indicou que se trata dunha aposta decidida dende a Área da Cultura. A ilustración da cartelaría deste ano foi realizada por Domingo Regueira, a quen lle expresou o seu agradecemento, así como a tódalas persoas que fixeron posibles estas xornadas. Do mesmo xeito, manifestou que tódalas actividades transcorrerán seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19 e animou a veciñanza a asistir.
Na súa intervención, o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González,
apuntou que esta proposta “permítenos dar a coñecer unha parte do fondo
patrimonial que ten o Museo”, entre os cales se atopa a fototeca, obxectos persoais e o epistolario. Tamén destacou que García Martí “era un intelectual, un escritor, un xornalista; era moitas cousas, pero foi unha persoa represaliada e silenciada, e esta represión e silencio tiña que ver co que el dixo en vida.”
O rexedor, Xosé Lois Piñeiro, concluíu agradecendo o traballo de tódalas
persoas implicadas neste ciclo e precisou que consideran que se trata dun
“persoeiro cunhas ideas avanzadas ao seu tempo en moitos casos”, ademais de incidir en que “era tan polifacético, escribía de tantas cousas e tan diferentes que é necesario que a nosa sociedade coñeza mellor este escritor.”

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...