Na Pobra a exposición fotográfica “Que a diabetes non te pare” estréase na casa da cultura

13 Novembro 2020

A casa da cultura Raquel Fernández Soler acolle dende hoxe, venres 13, e ata 30 de novembro, a exposición fotográfica itinerante Que a diabetes non te pare, correspondéndose a primeira parada co municipio pobrense, e coincidindo co Día Mundial da Diabetes, no 14 de novembro. Impulsada pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia) e Pichero Estudio Fotográfico, coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e a Deputación da Coruña, a dita mostra componse dunha vintena de imaxes, acompañadas de textos onde se relatan as experiencias de familias que viven esta enfermidade. Á estrea e acto de inauguración asistiron a concelleira da Cultura e da Sanidade, Patricia Lojo; a presidenta da Anedia, María José Rego; e o fotógrafo Víctor Manuel Martínez, coñecido como Pichero.

Na Pobra exposición fotográfica “Que a diabetes non te pare”


A edil Patricia Lojo manifestou que a intención destas imaxes é amosar que a diabetes non vai para-las persoas que a padecen; nesta ocasión, focalízase nas máis novas. Preséntase así nenos e nenas practicando disciplinas, e a súa sombra é o seu reflexo como persoas adultas convertidas en profesionais.
Tamén expresou o seu agradecemento á asociación e ao fotógrafo polo seu
labor, así como á institución provincial por colaborar neste tipo de proxectos.
Concluíu a súa intervención animando a veciñanza a que se achegue a visitar esta exposición que ontribúe á divulgación e sensibilización.
Pola súa parte, a presidenta da Anedia, María José Rego, explicou que a
entidade se centra na diabetes tipo 1 e que impulsan numerosas iniciativas pola plena integración a través dos colexios, servizos hospitalarios e tódalas capas da sociedade.
En relación cos aspectos técnicos, Pichero expuxo que o resultado son unhas fotografías onde se reflicte o presente e o futuro dos cativos e cativas con diabetes, demostrando “que podían facer calquera cousa e chegar a ser
deportistas de elite.” Nas imaxes predomina a cor azul e as persoas
protagonistas aparecen con capas para amosar que son heroes e heroínas.
As visitas pódense realizar de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 e de
17.00 a 20.00 horas, seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...