Mofa & Befa encherán o Elma de humor e homenaxes ao cinema, á música e á literatura

13 Novembro 2020

A Pobra vai dar continuidade o 22 de novembro ás actividades culturais que desenvolve o Concello en colaboración coa Secretaría de Política Lingüística. Estamos a falar do espectáculo Dúas pedras no Camiño, que chega ó teatro-cine Elma no domingo 22 de novembro, ás 19.00 horas, da man de Mofa & Befa, dous clowns para público adultos aos que dan forma os actores Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo.

Na cita da Pobra, Mofa & Befa levarán á escena un espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público: “A aquela obra que viches coa túa nai agora podes leva-lo teu neto”.

Ao longo da xira poden mudar algunhas das pezas por requirimento do público ou dos contextos que proporcione o lugar ou o tempo da representación, mais comezará co número titulado Os 33 reiseñores da Porqueira e atrás deste virán os números culinarios, de homenaxe ás grandes figuras do cinema, a escritores inmorredoiros ou as parodias do circo.

O título Dúas pedras no Camiño xoga coas alusións á música popular e a súa filosofía, polo cal lembra “que unha pedra no camiño poder ser algo que nos ensine e nos transforme”.

O dito espectáculo enmárcase na Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), á cal o Concello da Pobra do Caramiñal pertence dende hai un ano a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), adscrito á Concellaría da Normalización Lingüística.

A actividade é de balde e apta para persoas maiores de 12 anos. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal se aconsella a reserva previa da entrada a través do teléfono de contacto 676 666 263, ben sexa chamando ou por Whatsapp. A fin do prazo da inscrición é ás 16.00 horas do propio día do evento.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...