Ibuprofeno leva O mel non caduca á Casa da Cultura de Boiro

13 Novembro 2020

A compañía Ibuprofeno Teatro segue facendo recaladas nos nosos concellos coa súa representación teatral O mel non caduca. Desta volta, a cita será na Casa da Cultura de Boiro, este 13 de novembro ás 21.00 horas. O Concello explica que as entradas (limitadas) poden conseguirse no mesmo día do espectáculo a partir das 17.00 horas.

O mel non caduca é unha comedia teatral para público adulto no que se fai unha lectura crítica e humorística da nosa relación cos obxectos que, polas presións da industria e os seus interese, acaban morrendo antes de tempo (iso que se vén chamando obsolescencia programa e que deixa en moi mal lugar aos electrodomésticos actuais con respecto aos que tivemos a sorte de usar en décadas pasadas). O mel non caduca, que tamén é unha ollada sobre os hábitos que nos levan dereitiños á destrución do planeta, está dirixida por Santiago Cortegoso e conta no seu elenco con Maríán Bañobre e Avelino González.

Seguindo co programa cultural de Boiro desta primeira metade de novembro, lembrar que o sábado día 14 ás 17.00 horas, no Centro Social de Cabo de Cruz, vaise celebrar unha representación teatral a cargo do Capitán Garfo, que presentará o espectáculo Cociñando música. Trátase dunha peza para publico infantil e familiar que inclúe un concerto de pop electrónico onde “un particular Capitán Garfo prepara un nutritivo e divertido menú musical co que a rapazada aprende de forma sinxela e motivadora uns bos hábitos alimentarios, a importancia dun almorzo saudábel, a poñer a mesa ou a facerse amigos e amigas das verduras”.

Reserva de entradas no enderezo electrónica reservacultura@boiro.gal ou no 981 84 78 59 ata as 13.00 horas no 13/11/2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.