
Porque non anular a obrigatoriedade de deixar aos fillos o 30% do que conseguiches co teu traballo?. No país vasco un é dono do que ten, explícome.
Na miña opinión estatisticamente o marido morre antes que a muller e non só estatisticamente en realidade o marido morre uns cinco anos antes que a esposa, moitas veces vemos nas residencias aos nosos anciáns outras veces a señora ten unha man amiga que a coida e a cuestión é se lle deixa a casiña a un amigo ou familiar que a coido ata os días finais. Porque non ter a liberdade de deixar a esa familia todo o que queira no canto de ter a obrigatoriedade de deixar aos fillos o 30% porque has de deixarlle un 30 % do conseguido co teu traballo a unha persoa que non che coida?, esa é a cuestión e diso e informado o goberno e partidos políticos. Un débese de ser libre de facer co dun o que lle vinga en gana.