Galicia podería pecharse perimetralmente para a ponte da Constitución

29 Novembro 2020

O comité clínico abordará este martes o alivio de medidas en Santiago e Ourense, e estudará poder abrir a hostalería antes que os perímetros.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o posible peche perimetral de Galicia de fronte ao ponte da constitución “está enriba da mesa” do comité clínico e “non está descartado”, aínda que a decisión aínda “non está pechada”.

Así o avanzou o conselleiro este domingo nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que lembrou non en balde que ducias de municipios galegos chegarán a esa ponte coas maiores restricións, o que inclúe precisamente a prohibición de entradas e saídas.

Con todo, insistiu en que “está encima da mesa” o peche da Comunidade, igual que o estarán outras autonomías, entre elas Madrid, como no festivo de Todos os Santos. Iso si, Comesaña lembrou que entón Galicia non se confinou.

Nas súas declaracións o conselleiro de Sanidade salientou o alivio das medidas en Santiago e en Ourense ao longo da semana que entra. Nestas cidades e comarcas os datos “son bos” e “estables” non só na incidencia acumulada a 14 días, que está “por baixo dos 150” positivos de covid por 100.000 habitantes ou mesmo “por baixo de 100” nalgún caso.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...