Euronet instala no Concello de Dodro un dos seus caixeiros primeiros automáticos

10 Novembro 2020


Co obxectivo de facilitar o acceso a diñeiro en efectivo ás persoas que viven en zonas afastadas dos grandes núcleos urbanos, Euronet iniciou o servizo “ ATM-Caixeiros Automáticos para a Comunidade”. Actualmente Euronet conta en España cunha rede de 3.000 caixeiros na que se realizan máis de 10 millóns de transaccións ao ano.

Os veciños das vinte e seis aldeas deste concello da comarca, cunha
poboación en gran parte envellecida e con problemas de desprazamento, poderán agora resolver as súas necesidades de efectivo máis facilmente sen verse obrigados a percorrer o 12 km que os separa de Padrón, perder máis dunha hora no desprazamento en vehículo propio ou esperar ao bus gratuíto do Concello dos xoves.

A dispoñibilidade e localización do novo caixeiro automático de Euronet contribuirá a dar un servizo máis, centralizar e facer este servizo accesible para todos. A súa instalación beneficia tamén á trintena de comercios e establecementos da zona que por preferencia ou carencia de cobertura de rede non dispoñen do pago con tarxeta.

Para Xabier Castro, alcalde do Concello de Dodro, a mellor proposta era a de Euronet: “Ata fai uns sete anos existía unha oficina bancaria no Concello, co
seu correspondente caixeiro automático, e desde ese peche os 2.775 veciños de Dodro quedaron sen un servizo fundamental para toda a comunidade. As condicións pactadas con Euronet son inmellorables e prestáronse a colaborar co Concello en todo o necesario”.
Máis do 20% dos concellos galegos carecen de oficina bancaria o que fan de Galicia unha das rexións onde a desbancarización resulta máis sensible pola dispersión e o envellecemento da poboación das zonas rurais.

“A opinión do Alcalde é o principal motivo polo cal esta iniciativa é tan
importante”, responde Vagelis Karabasis, Director Xeneral Rexional de Euronet. “O fenómeno da desbancarización está en aumento e se desde Euronet podemos proporcionar ás comunidades rurais e aos lugares afastados dos núcleos urbanos acceso ao seu efectivo, á vez que apoiamos aos negocios locais e axudamos aos bancos para facilitar aos seus clientes o acceso ás súas contas bancarias de forma rendible, entón estamos a traballar nun programa que é beneficioso para todos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...