“Eu son”campaña en redes sociais para visibilizar as mulleres da Pesca

03 Novembro 2020

A Asociación Nacional de Mulleres da Pesca ( Anmupesca), na que están integradas diversas entidades galegas deste sector, lanzou este martes a campaña ‘Eu son’ para visibilizar as profesións realizadas por mulleres de toda España no mundo a pesca, así como para subliñar as súas particularidades neste sector.

Fotografías e vídeos de percebeiras, mariscadoras, redeiras, armadoras, peixeiras e biólogas protagonizarán esta campaña en redes sociais -Facebook e Linkedin- durante varias semanas.

Trátase dunha iniciativa que quere poñer en valor ás profesións que deixaron de ser un simple complemento nas rendas familiares para converterse en moitos casos, no modo de vida de moitas familias.

O obxectivo de ‘Eu son’ é que “a xente pense en quen sons os e as profesionais que se atopan detrás de produtos como o marisco ou o peixe, de forma que se fomente tamén o seu consumo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...