Este sábado celébrase na Pobra o segundo Foro Muller e Liderado

20 Novembro 2020

Este sábado 21 de novembro, enmarcada nos actos conmemorativos do 25-N a nivel local, celebrarase na Pobra do Caramiñal a segunda edición do Foro Muller e Liderado, baixo moderación de Raquel López. Contarase coa presenza das seguintes relatoras: Laura Cereijo de CC.OO. Santiago-Barbanza, Rosario Piñeiro da Comunidade de Montes de Esteiro e AA.VV. Parameán, Rosana Pérez, ex-deputada no Congreso e deputada no Parlamento de Galicia, e Beatriz Olveira, presidenta da Asociación de Mariscadoras a pé da Confraría da Pobra do Caramiñal.

No mesmo acto farase entrega dos Premios do III Concurso de Relatos Historias de Mulleres, organizado pola ABAS e o Concello da Pobra do Caramiñal.

O foro comezará ás 19.00 h. do sábado 21/11, no auditorio do Museo Valle-Inclán. Prégase estar 10 minutos antes. A cabida encherase por orde de chegada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...