En Ribeira morre un motorista de 33 anos tras chocar contra un camión

27 Novembro 2020

O motorista José Manuel Sieira, Peli, de 33 años veciño da parroquia de Castiñeiras, en Ribeira, faleceu esta mañá despois de colidir cun camión. Sucedeu preto da unha desta tarde en Fonte Ramil, parroquia de Castiñeiras, tal e como explicou unha persoa particular que viu como o camión alcanzou ao motorista. No sucesos estivo implicado un camión de reparto de bombonas.

Decontado, desde o 112 Galicia, informouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Ademais, contaron coa colaboración dunha dotación dos Bombeiros de Ribeira, aínda que a vítima estaba liberada e accesible.  Por suposto, as forzas de seguridade, os axentes da Policía Local e Garda Civil enviaron patrullas co fin de coñecer todos os detalles do suceso. Sobre as 14.30 horas o xuíz de gada procedeu o levantamiento do cadáver.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.