En Ribeira aparece morta unha muller de 55 anos en Deán Pequeno. Podería ter falecido hai mais dunha semana


Fontes oficiais informan que unha muller duns 55 anos de idade foi atopada morta na súa vivenda, na rúa Marxe Dereita do barrio ribeirense de Deán Pequeno. Un veciño que facía tempo que non vía á vítima alertou á Policía Nacional sobre a súa posible desaparición, e os axentes da comisaria acudiron o lugar.
Como ninguén respondía cando chamaron á porta, solicitaron a colaboración dos bombeiros do parque de Ribeira, que abriron o inmoble, onde se atopaba a ribeirense xa falecida.

Barállanse varias hipóteses sobre a súa morte, aínda que practicamente está descartado que se producise de forma violenta e todo apunta a que podía levar días falecida.

remitida