Detido un veciño de Boiro por roubar nun bar do que tentou fuxir con dúas botellas de whisky na man

03 Novembro 2020

A Garda Civil Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas tras tentar fuxir con dúas botellas de whisky na man ao ser descuberto nun local de hostalería.

Segundo o Instituto Armado, os feitos ocorreron tras recibirse unha chamada nas dependencias da Garda Civil para comunicar que se percibían ruídos no interior dun establecemento hostaleiro da localidade, o cal aparentemente se atopaba pechado ao público.

A Garda Civil desprazou unha patrulla que bservou que unha das xanelas do establecemento “fora violentada”, apuntaron as mesmas fontes.

Os gardas civís accederon ao interior para inspeccionar o local e sorprenderon alí a este individuo, o cal, ao decatarse da súa presenza, “tentou fuxir do lugar con dúas botellas de whisky na man”.

A Garda Civil interceptou a este individuo e achou ocultos entre a súa vestimenta unha bolsa chea de moedas dun e dous euros, billetes de cinco e 20 euros, que sumaban 644 euros e catro latexes de refresco.

Os axentes procederon á detención da persoa como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas. Foi posto, xunto coas actuacións realizadas, ao dispor do xulgado de Instrución de garda de Ribeira.

Outros artigos

JEALSA acadou en 2024 unha cifra de negocio de 781 millóns de euros

A compañía galega JEALSA, un dos principais referentes do sector conserveiro en Europa pechou o exercicio 2024 cun incremento na súa cifra de negocio, alcanzando os 781 millóns de euros. Este resultado, en liña co exercicio anterior, marca, en palabras da conserveira...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.