“Criterios”. Antón Luaces

23 Novembro 2020

Se Londres e Bruxelas acadan un acordo no Brexit, cada quen terá que conformarse co seu. Díxoo, días atrás, o Comité Nacional de Armadores Mariños e Cultivos Mariños (CNPMEM), que representa ós pescadores franceses.
Ao igual que o resto de países do mundo, o Reino Unido posúe unha  Zona Económica Exclusiva (ZEE) de 200 millas ó longo da costa de seu. Esta zona ou área pode ser inferior en extensión se os Estados -como é o caso- teñen inferior distancia entre sí. Nesta circunstancia e por mor da Canle da Mancha,  as augas delimítanse pola aplicación do dereito marítimo internacional sendo necesario recorrer a outros criterios.
Estas ZEE -Reino Unido e Francia- son compartidas co resto de Estados Membros da Unión Europea e administradas conxuntamente para que  sexa efectivamente común a política pesqueira europea (PPC) e que fosen aceptadas polo Reino Unido no seu acceso ao bloque comunitario.
Sen embargo hai unha excepción: Reino Unido e Francia dispoñen dunha zona de 6 a 12 millas ao longo do litoral, na que se mantén un acceso limitado e  determinado para embarcacións dalgúns Estados Membros, mesmo en función das especies. Todo elo como recoñecemento  de actividades tradicionais pre-existintes á aprobación da devandita Política Pesqueira Común. Deste xeito, e como exemplo, os pescadores franceses poden acceder a unha quincena de zonas situadas nesa franxa de 6 a 12 millas de augas británicas. Mais agora, os representantes británicos néganse a permitir a excepción sinalada, e os cidadáns europeos -na súa maioría- critican  a decisión por canto se deixan de manter os principios de reparto nas reservas pesqueiras establecidas dende 1964 coa convención de Londres.
Agora compre decidir como se pode respectar a autonomía europea e a soberanía británica e un acceso recíproco á pesca e o seu mercado. Para elo debe prepararse un acordo que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2021, que é cando remata o período de transición post-brexit no que se atopa actualmente o Reino Unido dende a súa saída oficial da UE o pasado 31 de xaneiro de 2020.
De no se producir tal acordo, as economías europeas -moi afectadas xa pola COVID-19- veranse ainda máis afectadas por esa brusca ruptura propiciada polo Goberno das illas británicas.
Londres podería decidir quen ten dereito de acceso as súas augas territoriais, cuestión que pivota entre as verdadeiras posibilidades de pesca da frota británica, que de non ser quen de pescar terá que deixar as especies sobrantes no mar ou permitir que as capturen pescadores doutros países.
Dinamarca está, neste senso, á espreita. Que lle queda a España nese incerto futuro no que Galicia pode xogar un papel fundamental?. Poucos días quedan para a toma de decisión.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.