Convenio das conserveiras con Ecoembes para mostrar as vantaxes da economía circular

24 Novembro 2020

Ecoembes e FUNPROMAR veñen de asinar un convenio de colaboración para facer avanzar a economía circular ligada ao sector da conserva de peixes e marisco. Farano a través de iniciativas de sensibilización que poñan de manifesto as vantaxes (para o medio ambiente e, tamén, para as propias industrias, xa que aforran unha cantidade importante de custes) da sustentabilidade nos procesos de produción, un ámbito no que, por outra banda, é moi destacábel o labor que levan anos xerando moitas das nosas empresas conserveiras.

O convenio formalizado por FUNPROMAR (Fundación Clúster de Conservación de Produtos do Mar) e Ecoembes inclúe, entre outras cousas, accións relacionadas con material didáctico para as visitas do Museo ANFACO e adaptadas ás novas xeracións, elaboración de xornadas, aproximar os envases e a súa reciclaxe á sociedade de forma creativa, ou promover o valor engadido dos mesmos grazas ao deseño, entre outros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...