Boiro volve adherirse ao programa de compostaxe doméstica de SOGAMA

03 Novembro 2020

O Concello de Boiro participa por segundo ano consecutivo no programa de compostaxe doméstica que ofrece a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA). Esta iniciativa está promovida polo departamento de Medio Ambiente de Boiro e destinase ás vivendas unifamilares das parroquias de Boiro e Lampón.

O obxectivo do programa é reducir a cantidade de materia valorizábel que se deposita no contedor xenérico. Para iso, o ano pasado tivéronse en conta 30 vivendas unifamiliares das localidades de Abanqueiro e Cespón. Os materiais que se utilizaron nesta actividade foron un 50% restos de cociña e o 50% restante, segaduras de horta. De esta maneira, os composteiros proporcionaron servizo a 86 persoas, o que supuxo un aforro na xestión de 600 – 800 litros de desperdicio orgánico por familia nese ano.

Todas as persoas que queiran participar na iniciativa, pódense informar no departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro de maneira presencial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...