Boiro Novo pide crear unha mesa interinstitucional contra a violencia de xénero

24 Novembro 2020

A asemblea cidadá Boiro Novo, a través da súa concelleira Dores Torado e no marco das actividades relacionadas coa celebración deste 25-N, presentou unha moción con vistas a constituír o que sería unha mesa local de coordinación insterinstitucional fronte á violencia machista.

Segundo explica a plataforma boirense, a proposta ten a súa orixe na marxe que deixan aberta as leis orgánicas 1/2004 e 11/2007 que recoñecen o ámbito municipal, “pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento das situacións específicas da poboación”, como “o idóneo para o desenvolvemento das accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes e da prevención e erradicación da violencia de xénero”.

En palabras de Boiro Novo a mesa “sería un instrumento operativo no que estarían representados todos os axentes do municipio implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia machista co obxectivo de procurar unha maior eficacia na resposta ante esta lacra social”.

A mesa, indica a agrupación, estaría composta por representantes dos Servizos Sociais e persoal técnico do Centro de Información á Muller (CIM)), da Policía Local e da Garda Civil, do ámbito sanitario, dos centros educativos, dos xulgados de violencia de xénero así como dos diversos colectivos feministas e de mulleres do concello. Amais, o réxime ordinario da convocatoria deberá ser alomenos de carácter semestral, con xuntanzas extraordinarias e/ou de urxencia sempre que a situación o requira.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.