Boiro e Ribeira están en nivel 3. Sobe a incidencia da COVID-19 e Galicia rexistra un total de 9.110 casos activos

17 Novembro 2020

As últimas cifras do coronavirus en Galicia non son boas. Todo apunta a que se pode aproximar un empeoramento. De feito, hoxe sobe a incidencia acumulada a sete días por vez primeira en novembro; a pesar de que os 442 novos positivos notificados hoxe son menos que os 489 do domingo.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.110 deles 1.840 son da área da Coruña, 1.042 da de Lugo, 812 da de Ourense, 1.233 da de Pontevedra, 2.361 da área de Vigo, 1.036 da de Santiago, e 786 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 110 están en UCI, 500 en unidades de hospitalización e 8.500 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 35.628 persoas curadas, rexistrándose 1.069 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 805.044.

Na comarca hai 1.036 pacientes con infección activa, 45 hospitalizados e 16 en UCIs. O número de falecidos elevase a 158 na área sanitaria Santiago- Barbanza.

Nos concellos da comarca Boiro sube o nivel 3 xunto a Ribeira, No nivel dous está O Son, Noia no nivel 2 e os demáis concellos no nivel 0.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Niveis de risco por concello de referencia para centros residencias socio-sanitarios e centros de atención diurna

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Outros artigos

Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

Europa se ha vuelto un continente cansado, de sí mismo, de sus símbolos, de su pasado. Lo que alguna vez fue un faro de civilización, una sinfonía de culturas, hoy parece atrapada en la melancolía de quien ya no cree merecer su legado. El desarraigo se ha convertido...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.