Boiro celebra o 25-N cun manifesto online, charlas e homenaxes

25 Novembro 2020

O Concello de Boiro celebra este mércores o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (o 25-N) coa lectura dun manifesto institucional telemático e coa participación nos actos organizados polo IES Espiñeira.

A concelleira de Política Social, Marisa Collazo, fixo a lectura online da dita declaración en contra da dita lacra social, unha declaración que se pode visualizar xa na páxina de Facebook do Concello de Boiro.

O Concello lembra que “tendo en conta a crise sanitaria e as cifras de contaxios no municipio, decidiuse non facer unha convocatoria para a lectura do mesmo e evitar así aglomeracións.

Amais, o tenente de Alcalde, Luís Ruiz, participou nos actos conmemorativos organizados polo IES Espiñeira. O alumnado do centro recibiu esta mañá unha charla que leva por título Violencia machista na relación de parella na mocidade e, xunto co profesorado, membros da ANPA, representantes da asociación Mirabal, o CIM de Boiro e o tenente de Alcalde, realizaron un acto en homenaxe ás 41 vítimas de violencia machista neste 2020, colocando os seus nomes nunha bolboreta de cor lila.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.