Barbantia elixe os gañadores dos Premios da Cultura 2020

07 Novembro 2020

Un ano máis, a Asociación Cultural Barbantia vai realizar a súa gran festa anual, na que presentá o décimo sexto volume “Anuario de Estudos do Barbanza 2020” e entregará os XIV Premios Barbantia da Cultura 2020.
Os galardoados co sereo de Barbantia sairán dunha listaxe na que aparecen os artistas, escritores, axentes culturais e iniciativas nominados anteriormente polos socios e socias. Así mesmo, convidan a que lles faga chegar nomes doutros referentes da cultura da comarca, para incluílos como candidatos na edición do ano 2021.
Para participares na votación, os socios deben escoller un só nome por categoría antes do 6 de decembro.
Unha vez recollidas e escrutadas as papeletas o acto de entrega será o sábado 19 de decembro, ás 12.30 h no Centro Sociocultural-Auditorio do Concello de Rianxo.

Dentro das actividades programadas por Barbantia o venres, 27 de novembro o Coliseo Noela do Concello de Noia acollerá a presentación do volume “Noia e Muros. Paisaxes urbanas de séculos. Da destrución á ordenación, protección e rehabilitación da paisaxe construída (1950-2020)”, de Pedro García Vidal, ás 20.30 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.