“Ás veces a vida”. Manuel Dominguez III

23 Novembro 2020


Ás veces na vida, atopámonos coa dificultade de tomar unha decisión.
Non sabemos se ir pola esquerda ou a dereita, non temos a seguridade de que camiño tomar.
A sociedade indícacho e de nós corresponde tomar a decisión.
-Marcho para casa xa é hora, pronto terei un exame.

  • É cedo queda connosco unha mais.
  • Fulanito manexa diñeiro e pode comprarse iso, pois traballa, deixou os estudos, a universidade é unha fábrica de parados.
    -Prefiro a alternativa de finalizar a miña formación profesional, podre traballar do que me gusta e se non, sempre me queda a outra alternativa, traballar con fulanito.
    ………………………………………………….
    -De festa ata saír o sol, só hai unha vida.
    -Teño que marchar, mañá comezo a xornada de día e teño que estar despexado para o traballo.
    —————————.
    A vida é como unha moeda sempre nos ofrece dúas caras, anverso e reverso de nós depende tomar a decisión, o que nós decidamos marcase en futuro das nosas vidas.
    Os primeiros anos son moi importantes na decisión que tomemos, e non podemos culpar a ninguén é a nosa responsabilidade, non podemos culpar ás amizades ao grupo, non, estamos alí onde decidimos estar, para o bo e o malo.
    Descoñecemos que un actor ou actriz de cinema tivo que estudar moitísimo na academia para saber interpretar, para unha película, hai que estudar un guion e memorizar, nada cae do ceo.
    Para un éxito musical escóndese moitas, moitas horas de traballo, moito sacrificio, detrás de todo éxito hai un traballo invisible.
    Unha novela de éxito pode ser anos de traballo, un tempo de buscar datos, información, logo escribila, volver reescribila ata que este como queremos.
    Nada na vida cae do ceo, adoitamos ver o que sae na pantalla, pero non vemos o sacrificio escondido que está detrás.
    Ás veces o futuro é predicible, cando un senta na aula na parte de atrás, onde nin se ve o escrito na lousa e non se oe a voz do profesor, creo que podemos predicir o futuro.
    Cando no traballo búscase a sombra da árbore, todo esta dito.
    Cando o noso Romeo, é un quejica pola choiva e/ou sempre fai moita calor, cando todo é caro e a vida é imposible, cando a falta de tempo é o problema, sabemos ou debésemos saber que estamos a comprar un globo, é dicir ou se pica ou se escapa das mans e voa a non se onde.
    Tan sinxelo como isto, observemos aos amigos, aos coñecidos, todos os triunfadores teñen as calidades adecuadas, niso consiste o éxito traballar coas calidades adecuadas, potencialas e tomar a sabia e xusta decisión.
    O Bambú, a verdade é que se toma sete anos para crecer e seis semanas para desenvolverse. Durante o primeiros sete anos de aparente inactividade, este bambú xera un complexo sistema de raíces que lle permiten soster o crecemento que virá despois.
    É un duro e invisible traballo que non vemos, pero logo a diferenza do piñeiro ou o eucalipto, o bambú pode soportar e danzar con todos os ventos. Como a vida mesma.

Outros artigos

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

+

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.