Hostalería, hotelaría e lecer non pagarán canon da auga desde o 5 de novembro. As terrazas en zona portuaria quedarán exentas do pago de taxas mentres que duren as restricións pola pandemia

23 Novembro 2020

A Xunta tamén bonificará nun 50% a taxa das concesións de uso hostaleiro en portos se acreditan unha caída do negocio de polo menos o 30%.

A exención será de aplicación ás ocupacións de superficie autorizadas para terraza desde a entrada en vigor do decreto do pasado 14 de marzo que declarou o Estado de Alarma para a xestión da crise sanitaria e ata que se manteñan vixentes as restricións impostas no sector da hostalería debido á pandemia. Ademais baixo determinados requisitos da caída de negocio, bonificarase o 50 por cento da taxa de ocupación de dominio público portuario para aquelas ocupacións reguladas por unha concesión ou autorización de ocupación na que, dentro do seu obxecto autorizado figure, de forma total ou parcial o uso da hostalería.
No caso desta bonificación, será de aplicación desde o 1 de xaneiro de 2021 ata seis meses despois de que se manteñan vixentes as restricións impostas no sector da hostalería pola pandemia.

Os titulares dos negocios hostaleiros en cuestión deberán acreditar un descenso de polo menos un 30% no importe neto da cifra anual de negocio desde a entrada en vigor do decreto que declarou en marzo a alarma ata o 31 de decembro de 2020 en relación ao mesmo período do ano anterior.

Por outra banda hostalería, hotelaría e lecer non pagarán canon da auga desde o 5 de novembro se reduciron actividade. A exención é aplicable á facturación comprendida entre o pasado 5 de novembro e ata a data en que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego. E o é sempre que os establecementos diminuísen significativamente” a súa actividade nese período.

A medida diríxese aos consumos de auga de establecementos de restauración (restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares), de lecer e entretemento (salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos), hoteis e aloxamentos turísticos e albergues.

A diminución significativa entenderase “cando no período de vixencia da exención os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25% do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.