As terceiras xornadas A Pobra no tempo afondaron na historia e o patrimonio do municipio

30 Novembro 2020
O profesor, escritor e divulgador Manuel Gago, natural de Palmeira, na súa intervención

Esta fin de semana tivo lugar a terceira edición das xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que afondou na historia, cultura e patrimonio da vila. A iniciativa, xurdida fai catro anos, inaugurouse o sábado 28 con catro conferencias. “Este evento é un éxito tras éxito, demostra o interese que ten a xente por coñece-lo patrimonio, valoralo e desfrutalo”, afirmou Xosé Lois Piñeiro, alcalde de A Pobra. A Concellaría da Cultura foi a encargada de organizar o programa baixo unhas medidas protocolarias por mor da COVID-19.

Logo da presentación do programa de actividades por parte do alcalde, Manuel Gago, xornalista e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, procedeu co primeiro coloquio: Mitos e lendas da Pobra do Caramiñal. Unha charla que tratou o que reside no imaxinario, o “patrimonio inmaterial que nos conecta moitas veces con tempos moi remotos”.

Antonio González durante o seu relatorio nas charlas

De seguido, Antonio González, director do Museo Valle-Inclán, expuxo A Igrexa de Santa Cruz de Lesón: 15 séculos de historia. O protagonista resaltou “o curioso que é como cambia a historia. Lembramos a parroquia máis antiga da Pobra do Caramiñal e unha das máis antigas da comarca do Barbanza”.

Anselmo López no transcurso das xornadas

Tras un descanso, o historiado Anselmo López mostrou “a dialéctica política e económica dos grandes poderes que van a ter presenza na zona”, con Conflitos de poder na Baixa Idade Media no Caramiñal.

Un intre da conferencia do profesor da USC Rafael García

Rafael García, profesor na Universidade de Santiago de Compostela, cerrou a rolda de conferencias con Xullo de 1936 na Pobra do Caramiñal. Ademais recompilou no traballo Nomes e Voces a cifra de veciños afectados durante a Guerra Civil e posteriormente. Tamén quixo lembrar a existencia dun campo de concentración no municipio.

Tralo remate do acto, os asistentes foron agasallados co póster “As lendas do río das Pedras”, do ilustrador Miguel Robledo. A terceira edición das xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo puxo punto e final coa visita, o domingo 29, á igrexa de Santa Cruz de Lesón, cruceiro de San Amaro, A Aldea Vella, mosteiro de San Xoán da Misarela, barca de San Amaro e capela da Virxe do Monte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.