Andrés Martínez, coordinador do Cidade de Ribeira: “Tivemos dúbidas cos adestramentos de fútbol base, pero resultaron un éxito”

12 Novembro 2020

Andrés Martínez (Ribeira, 1977) afronta un ano diferente como coordinador do Cidade de Ribeira. A entidade ribeirense tomou a iniciativa de comezar os adestramentos das súas categorías inferiores, que ten como principal norma e obxectivo fomentar un deporte seguro para os rapaces en tempos de pandemia.

-Que categorías están adestrando a día de hoxe?

-No noso club están adestrando desde prebenxamíns ata cadetes. Así mesmo, A Fieiteira é este ano unha das sedes das escolas de tecnificación do RC Celta, na que os mércores adestran rapaces de entre 5-12 anos.

-De cantos rapaces están formados os grupos?

-Dende os 10 rapaces da categoría prebenxamín, ós 16 ou 18 que compoñen algún dos grupos de fútbol 11. Iso si, para a realización das tarefas, os grupos son reducidos a seis rapaces.

-Houbo dúbidas sobre a posta en marcha do fútbol base?

-Moitas. A nosa idea sempre foi empezar 2 semanas despois do inicio escolar. Queriamos ver que a volta ás aulas non provocase un aumento de contaxios. O bo facer de toda a comunidade educativa fíxonos ver que era posible volver á actividade, o que unido á gran cantidade de familias que nos pedían comezar fixo que déramos o paso a 1ª semana de outubro.

-Cales son as bases para que o fútbol base se adapte á nova normalidade?

-É difícil. Realmente todos confiamos en que a “nova normalidade” non dure moito e podamos volver a algo parecido á “vella normalidade”. Pero é certo que tardaremos en ver aqueles fins de semana con partidos en sesión continua. Creo que mentres non atopemos unha vacina teremos que modificar as competicións, e é posible que non poida haber xornadas todas as semanas, polo menos no que ó fútbol 8 se refire.

-Cales son os protocolos utilizados polo club antes e durante a sesión?

-O primeiro que fixemos foi crear un protocolo en colaboración co RC Celta, xa que tiñan a experiencia do primeiro equipo e de algunha categoría inferior. Pedimos que antes de acudir ás instalación deportivas, todos os nenos controlasen a febre e a tose e viñesen coa roupa de adestrar, e por suposto coa máscara. Unha vez cheguen ás instalación, parte do corpo técnico recibe aos rapaces de forma gradual na entrada para realizar un control de temperatura e desinfección de mans e calzado. Durante a sesión os grupos son reducidos e o uso da máscara para realizar as tarefas é opcional. Por suposto, os adestradores están coa máscara durante toda a sesión.

-Que tal está sendo acollida esta iniciativa no entorno futbolístico e social de Ribeira?

-A colaboración co Concello é total, pensamos que eles o que queren é que os seus veciños teñan a maior variedade de ofertas para o tempo de lecer dos rapaces e están moi receptivos ás nosas demandas, sempre sabendo que a situación actual da sociedade debe priorizar temas socio-sanitarios por enriba de todo.

En canto ás familias non temos máis que palabras de agradecemento. Adáptanse perfectamente ás restricións como son non poder entrar ó campo durante os adestramentos, á non utilización por parte dos deus fillos dos vestiarios, á puntualidade que se lle esixe a todos para unas ordenadas entradas e saídas…

-É unha alternativa ao deporte que se estaba facendo na rúa?

-Sen dúbida. Somos un pobo con moita tradición futbolística e é raro non ver un parque onde non haxa 4 rapaces xogando cun balón. Evidentemente non se toman a temperatura antes de empezar a xogar, nin se limpan as mans frecuentemente. Aquí é onde nós temos que dar un “plus” de organización ó deporte da rúa.

-Notificouse algún positivo que se dera nos adestramentos?

-No noso club non.

-Que se fai en caso de que un positivo puidera estar en contacto co resto dos rapaces nun adestramento?

-Informar inmediatamente á Consellería de Sanidade. A partir de aí seguir as instrución que eles nos vaian dando en canto a rastrexos, paralización de adestramentos, dalgún grupo, etc. Confiamos plenamente no que nos digan os profesionais.

-Proponse algún tipo de competición das categorías do fútbol base?

-No fútbol base conformariámonos con poder comezar antes da primavera. Os equipos sénior si que temos a esperanza de poder empezar a mediados de febreiro.

-Que pasará co fútbol base se se volve ao confinamento domiciliario? Debería ser unha excepción ao igual que a Terceira División e superiores? Ata cando é viable esta situación?

-Primeiro, persoalmente non creo que volvamos ao confinamento domiciliario de marzo e abril. En caso de que estea equivocado, e si que volvamos a esa triste situación, non se nos ocorrería propoñer a nosa actividade como unha excepción a ese confinamento. Encerrados nas casas hai moitísima xente sen poder traballar para sustentar á súa familia, a nosa actividade non deixa de ser un hobby e unha alternativa saudable para os rapaces. Sería unha aberración que mentres moitas familias non poden traballar os seus fillos estiveran adestrando na Fieiteira en contacto con outros fillos de xente que quedou sen traballo.

En canto á viabilidade da situación, todos queremos pensar que isto é unha paréntese e temos esperanzas de na primavera estar xogando. Pero é imposible sabelo. Mentres sigamos tendo o apoio das familias nos seguiremos traballando para devolverlle esa estima.

-Cree que a creación do proxecto Cidade de Ribeira evitou algún tipo de traba á hora de comezar o fútbol base?

-Non, en absoluto. Outros clubs de fútbol tamén empezaron a adestrar, aínda que si é certo que máis tarde. E noutros deportes empezaron incluso antes que nós.

-Como valora globalmente os adestramentos dende que comezaron ata o día de hoxe?

-Un éxito. O número de deportistas é superior ó que tiñamos previsto. O comportamento de rapaces e familias é de 10. E, aínda que a situación actual obriga a realizar outro tipo de tarefas menos “divertidas”, os rapaces seguen asistindo felices a cada sesión de adestramento.

Outros artigos

Este martes remata o prazo para participar no Depor Campus de Outes

O Concello de Outes e o Real Club Deportivo da Coruña presentaron a terceira edición do Depor Campus de Outes, unha iniciativa de formación e lecer deportivo na que nenas e nenos do concello poderán avanzar nas súas habilitades futbolísticas da man dos instrutores da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...