AMBAR e EduDiversa formaron a 20 docentes en metodoloxías para traballar con autistas nas aulas

02 Novembro 2020

O sábado 31 e máis este luns 2 de novembro celebrouse de maneira online a terceira xornada formativa do proxecto de educación inclusiva EduDiversa, unha sesión centrada na temática TEA e metodoloxía Teacch. A importancia das funcións executivas. Na xornada, Alba Pérez Fernández, mestra psicopedagoga e terapeuta de atención temperá, dotou ao profesorado asistente das ferramentas necesarias para identificar, avaliar e traballar o autismo na aula. A formación contou cun total de 20 mestras e mestres da comarca e tamén de Ferrol, A Coruña, Ourense e Lugo.

A sesión inseriuse, como dixemos, no proxecto EduDiversa, co-financiado pola Obra Social La Caixa e totalmente gratuíto para as persoas participantes. Impulsado pola asociación da nosa comarca AMBAR, diríxese a favorecer unha docencia sen barreiras e sen discriminacións, cen por cen integradora, coa implicación directa do noso profesorado.

O programa inclúe a aplicación de medidas de inclusión na aula ordinaria para que todas as persoas reciban unha educación en igualdade de oportunidades cos apoios que mellor se adapten a súa situación de vida. EduDiversa é un programa que nace para reforzar os apoios á diversidade na educación ordinaria da comarca da Barbanza. Ten a súa orixe nas investigacións levadas a cabo por AMBAR para “ver as necesidades de apoio en atención á diversidade na comarca”. De aí precisamente xurdiron as liñas estratéxicas e as necesidades en formación e asesoramento para equipar ó profesorado de máis recursos para traballar en prol da inclusión efectiva.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.