A Xunta fai unha proclama a prol das nosas librarías

13 Novembro 2020

Cómpre apoiar, agora máis ca nunca, o libro galego e os establecementos tradicionais onde se distribúen. Esta importante mensaxe foi recalcada este venres, Día das Librarías, polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e máis o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a súa visita á Libraría Aenea de Santiago, onde coincidiron na necesidade de seguir xuntando forzas, dende todas as frontes, para impulsar a reactivación do sector.

Durante a súa visita, Román Rodríguez salientou a “fonte de riqueza e de orgullo” que supón o sector do libro e agradeceu “o tremendo esforzo, imaxinación e sacrificio” que están a facer todas as librarías por ofrecer actividades de calidade e que sexan seguras para todo o mundo. Neste sentido, o conselleiro lembrou que a Xunta de Galicia vén de resolver unha liña de axudas para que estas poidan sufragar as actividades que veñen realizando de xeito presencial nos seus establecementos, así como actos de difusión dos libros e a lectura a través da súas páxinas webs ou redes sociais.

As ditas axudas, dixo, “súmanse ás medidas postas en marcha no Plan de reactivación para o sector cultural que, no seu conxunto, conta cunha achega de máis de 26M€”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.