A sexta edición do programa + que tapas recala esta finde en Rianxo

20 Novembro 2020

Esta penúltima finde de novembro (os días 20, 21 e 22), o programa + que tapas volve a Rianxo da man da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, logo das experiencias da sexta edición do programa na Pobra, Ribeira e Boiro. Unha vez máis, será un convite gastronómico-tecnolóxico para que a cidadanía aposte pola hostalería local e se implique na valoración das súas propostas culinarias.

Quen participe terá que puntuar a calidade das tapas dos establecementos adheridos á iniciativa, durante a fin de semana, e facelo, a través dos móbiles, mediante un código QR.

Ademais de escoller a tapa gañadora, a veciñanza participante accederá ao sorteo dun lote de produtos por cada concello implicado no programa + que tapas, que consistirá en dúas caixas de cervexas variadas (48 unidades) e dúas botellas de viño de DO Terra de Barbanza e Iria.

Os horarios para a etapa de Rianxo son os seguintes:

· Venres 20

De 19:00h. a 20:00h: Apertura no restaurante A Lareira coa actuación de Quico Cadaval.

De 20:00h a 23:00h: Comezo do Tapeo.

· Sábado 21

Tapeo das 13:00 h. ás 15:00 h. e de 20:00 h a 23:00 h.

· Domingo 22

Tapeo de 13:00 h ás 15:00 h.

Esta é a listaxe de locais participantes.

1. MEMPHIS. Praza de Rafael Dieste, 7

2. O VILAR. Rúa de Abaixo, 38

3. CASTELAO. Paseo de Manuel Antonio, 7

4. GALLECIA. Praza Castelao, 5-7

5. TOFFE. Praza Virxe de Guadalupe, 1

6. SARAIBA. Rúa Arcos Moldes, 6 baixo

7. O COSTILLAR. Rúa Os Gudiños, 8

8. O FURANCHO. Rúa do Adro, 2

9. A LAREIRA. Aldea Pazo, 28

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...