A Pobra aposta pola formación tecnolóxica en clave feminina co Programa Muller TIC

12 Novembro 2020

A Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal será os días vindeiros unha fonte de empregabilidade e adestramento tecnolóxico en clave feminina. En concreto, acollerá entre os días 1 e 4 de decembro as sesións do Programa Muller TIC, xornadas formativas dirixidas a mulleres na busca de emprego. Así o desvelaron a concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), e a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez.

A edil Amparo Cerecedo explicou que esta acción céntrase “na busca de emprego a través da utilización das novas tecnoloxías” e convidou a que tódalas veciñas desempregadas da Pobra se anoten, pois, segundo manifestou, “son momentos que temos que aproveitar para formarnos”.

Pola súa banda, a orientadora laboral, Blanca Álvarez, sinalou que “a idea é que a formación sexa en si mesma unha ferramenta para a busca de emprego das participantes”, xa que no transcurso das xornadas poderán darse de alta en diferentes portais web e ETT da zona para favorecer a súa inserción no mundo laboral.

Tamén fixeron saber que dúas das participantes terán a ocasión de realizar actividades de mentoring, consistentes no asesoramento no plan de empresa e seguimento de quen desexe emprender un novo labor. Así mesmo, haberá unha xornada de orientación laboral en que se verá o sistema de cualificacións profesionais, como funciona a oficina de emprego estatal e diferentes accións de autocoñecemento persoal e profesional.

O horario establecido é de 09.30 a 13.30 horas, seguindo a modalidade mixta (16 horas presenciais e 4 horas de teleformación). As persoas interesadas pódense inscribir a través do teléfono de contacto 981 377 610. As prazas son limitadas e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19. Este proxecto enmárcase na Red Araña e está co-financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.