A Pobra acollerá dende este mércores a cuarta edición das Xornadas Micolóxicas

10 Novembro 2020

As Xornadas Micolóxicas de Pobra, celebraranse dende mañá, mércores 11 de novembro, ata o día 15 do mesmo mes. Esta convocatoria integra coloquios, obradoiros, saídas ao campo, exposicións, concursos fotográficos, demostracións (showcooking) e degustación. A charla introdutoria e conexión telemática sobre proxectos de coutos micolóxicos con relatores e relatoras de Galicia e Navarra terá lugar mañá no Auditorio do Museo Valle – Inclán ás 20.30 horas. A maiores, o Elma levará a cabo a conferencia Intoxicacións por Cogomelos. Esta charla será impartida por José Manuel Castro Marcote, coautor da guía Cogomelos de Galicia e do Noroeste Peninsular.

O sábado 14 celebraranse os obradoiros no local da confraría. O primeiro, de 10 a 14.00 horas, estará dirixido a cativos de entre 10 e 12 anos e será unha actividade relacionada co debuxo e a natureza. O segundo obradoiro farase pola tarde, de 18.00 a 20.00 horas. Este consistirá nunha actividade de cultivo de cogomelos, que baixo o nome de Cultivo de Pleurotus Ostreatus, estará a cargo da empresa Ventos Estudos Ambientais. Poderán participar nesta iniciativa os maiores de 12 anos, sempre que non se supere o aforo máximo nas dúas quendas que se van a realizar ( 12 e 15 persoas).

O último día, José Manuel Castro Marcote organizará unha saída ao campo de 10.00 a 13.00 horas. Soamente ofertaranse 20 prazas e o traslado deberá ser en vehículos propios. Nas seguintes horas, farase a exposición de cogomelos no mercado de abastos e procederase a entrega de premios ás persoas gañadoras do IV Concurso Fotográfico de Micoloxía. Para rematar, Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta do Obradoiro) ofrecerán un showcooking e unha degustación de cogomelos para un máximo de 20 participantes, das 14.00 ata as 14.30 horas da tarde.

Todas as persoas interesadas nestas Xornadas, deberán formalizar a súa inscrición de balde a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal. Recoméndase facelo o antes posíbel, xa que hai obradoiros nos que a estas alturas non quedan prazas libres.

Outros artigos

A Pobra conmemora o Día das Bibliotecas cun contacontos infantil

No 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas e, por tal efeméride, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza un contacontos ao abeiro do programa Ler Conta Moito. Paula Carballeira narrará Contos de sapos, bruxas e curuxas ao público familiar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

La democracia termina siendo el “gobierno de la mayoría” La decisión de la mayoría se considera la adecuada, la justa, es representativa de la sociedad, la mayoría decide y se acepta, considerando, que en ella reside el conocimiento. Ejemplos, si tuviéramos que...

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

El próximo 13 de diciembre, el coronel de la Guardia Civil, Diego Pérez de los Cobos cumplirá 61 años y pasará a la reserva, ya que debido a las trabas y obstáculos del ministro del Interior, no ascenderá a general. En su discurso el Día del Pilar, Patrona del Cuerpo,...