A Garda Civil incáutase de case dúas toneladas de sardiña en Portosín

14 Novembro 2020

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil incautouse de 1.997 quilos de sardiña, especie que actualmente se atopa en veda, no porto da localidade de Portosín, en Porto do Son. Segundo a benemérita a incautación ocorreu cando efectivos desta unidade realizaban na zona un servizo de vixilancia para a prevención de pesca e marisqueo ilegal.

Remitida

Os axentes observaron como un pesqueiro partía do porto para faenar e constataron que”desconectaba intermitentemente o sistema “AIS”, destinado á localización e seguimento dos buques. Nese momento comezaron a controlar os movementos da embarcación e comprobaron que apagaba este dispositivo no momento de regreso da faena, cando procedía a descargar no peirao.

A Garda Civil aproximouse ao pesqueiro para a súa inspección, na que achou entre as capturas un total de 1.996,7 quilos de sardiña e procederon á súa incautación e á tramitación das correspondentes denuncias non só por infraccións á lei galega de pesca, senón tamén á lexislación da Mariña Mercante por desconectar o sistema ‘ AIS’. O patrón da embarcación permanece como investigado como presunto autor dun delito contra a flora e a fauna. As sardiñas foron entregadas a unha institución benéfica.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...