A demanda de bolsas para deportistas de Boiro aumentou ata as 68 persoas

23 Novembro 2020

O Concello de Boiro convocou, como cada ano, un plan de axudas para os deportistas federados do municipio. Un total de 68 persoas anotáronse para optar a esta oferta que estivo dispoñíbel ata o pasado venres.

O Concello de Boiro dispón dun total de 5.000 euros para repartir en 40 bolsas de diferente valor. Así, os candidatos poderán optar a 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros e 15 bolsas de 100 euros. O principal obxectivo desta iniciativa, promovido polo servizo de deportes, é o de difundir e impulsar a actividade deportiva, así como recompensar o esforzo e a entrega que supón a práctica de deporte de alto rendemento.

Esta convocatoria superou as presentacións en máis do dobre caos anos anteriores, dado que se incrementou a franxa de idade para solicitar as axudas. A idade mínima estableceuse nos 9 anos e a máxima nos 23 anos.

Un réxime de concorrencia competitiva, previa proposta dunha comisión avaliador, será quen decida a concesión das bolsas. A resolución da convocatoria poderá consultarse na páxina web do Concello de Boiro (www.boiro.gal) ou a través dos taboleiros de anuncios da Casa da Cultura de Boiro e Casa do Concello.

Outros artigos

San Vicente de Cespón celebra as festas do seu patrón

A parroquia boirense de San Vicente de Cespón celebra esta semana as festas na honra do seu patrón. Será unha festa en dúas quendas: por unha banda a vertente relixiosa que se concentra este mércores 22 e pola outra a troula nocturna do sábado 25 de xaneiro (a partir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...