A cita de emprendemento Pont-Up Exprés contará coa presenza de JEALSA

03 Novembro 2020

A organización da Pont-Up Store, a feira pontevedresa de emprendemento e espírito innovador, confirmou estes días que o seu programa presencial celebrarase en primavera (agardando por “datas máis seguras” para habilitar a habitual carpa de emprendementos na praza de España) e que unha das súa ramificacións principais, o encontro de talento Pont-Up Exprés, converterase este ano nun evento en liña. Celebrarase o 19 de novembro e contará coa presenza activa da firma boirense JEALSA.

A transformación do formato presencial do Talent Business Pont-Up Exprés nun evento online materializarase o vindeiro 19 de novembro entre as 19.30 e as 20.30 horas. A sesión será retransmitida a partir dun escenario virtual onde 8 novas firmas innovadoras galegas presentarán en 5 minutos cadanseus proxectos a representantes de importantes empresas e entidades galegas. Nesta edición contarán con Margarita Hermo Figueira, directora da Asociación Galega de Empresa Familiar e responsábel de Relacións Institucionais da corporación empresarial conserveira JEALSA; Emilio Bruquetas Serantes, director xeral do grupo enerxético galego REGANOSA Holdco; Ángel González Calvo, presidente executivo da compañía internacional especializada en iluminación, sinalización e mobiliario urbano, SETGA que xunto con Virginia Pozo Castro, fundadora, directora executiva e creativa da firma de moda internacional Coosy, representan a internacionalización de empresas con base e orixe en Pontevedra.

Ao igual que o ano pasado, as presentacións serán abertas ao público e haberá tempo para a réplica por parte do público asistente. As empresas que presentarán os seus emprendementos a este comité de expertos son The Good Shop, Anainas Skin Peace, Vivegreens, Ertha Surfboards, Smartwood, Versos de A Ruda, O Galpón Lab e A Factoría do Lume.

O Pont-Up Store está liderado polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co Concello de Pontevedra como patrocinador principal; e o apoio da Deputación de Pontevedra, que se suma á colaboración de case 40 entidades públicas e privadas que durante estes sete anos foron sumando o seu respaldo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.