A Biblioteca Municipal de Boiro comeza en decembro un club de lectura en inglés

25 Novembro 2020

O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, quere fomentar entre a cidadanía o hábito de incluír libros en inglés entre as súas lecturas habituais. Con este fin, a Biblioteca Municipal vai levar a cabo a partir do mes de decembro un club de lectura de obras publicadas na devandita lingua.

A actividade está destinada a maiores de 18 anos e vaise levar a cabo na Casa da Cultura de Boiro os luns en horario de 19.00 a 20.00 horas. As inscricións son gratuítas e deben facerse na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 10.

Será unha actividade que complemente e amplíe o xa consolidado Club Lectura local, que comezou o outono con A arte de trobar do escritor galego Santiago Lopo, e con Malaherba de Manuel Jabois. O Club de Lectura é unha iniciativa da Biblioteca para incrementar o pracer da lectura ao compartilo con outras persoas que, unha vez ao mes, se reúnen para comentar o libro lido.

Outros artigos

Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.